O vindeiro 16 de febreiro, xoves terá lugar a presentación da mostra "Francisco Fernández del Riego, 1913-2010. Letras Galegas 2023", organizada pola Fundación Penzol co gallo da dedicatoria pola Real Academia Galega do DÃa das Letras Galegas a quen foi o seu presidente entre 1997 e 2001. Instalada no vestÃbulo da Casa Galega da Cultura (praza da Princesa 2, Vigo), trátase dunha mostra fotobiográfica dividida en tres perÃodos: 1913-1939; 1940-1974 e 1975-2010, impresa sobre paneis que percorren sinteticamente a traxectoria do intelectual e escritor, personalidade de máxima relevancia na cultura galega contemporánea. Complétase a instalación cunha mostra bibliografica que recolle unha selección da súas obras máis significativas asà como doutras de diferentes autorÃas que tratan sobre a súa figura. A mostra, realizouse a partir dun guión de Xosé M. Soutullo, director da Fundación Penzol, coa colaboración de Marián Vidal, directora técnica da Casa Galega da Cultura. A produción e o deseño correron por conta de Editorial Galaxia.
O conxunto pretende ser unha introdución á súa obra e ás súas intensas e extensas actividades a prol de Galicia e da súa cultura. Tamén unha invitación a coñecer a Casa Galega da Cultura, que acolle a súa biblioteca, arquivo e museo -doazón que realizou "ao pobo de Vigo" en 1995-, asà como a biblioteca e o arquivo da Fundación Penzol, que Del Riego dirixiu desde a súa creación en 1963 ata pouco antes do seu falecemento en 2010. No acto de presentación intervirán Xosé Manuel Soutullo (director da Fundación Penzol), Malores Villanueva (secretaria da Fundación Penzol e biógrafa de Francisco Fernández del Riego), Ramón MartÃnez Bermúdez (en representación da familia de Del Riego), VÃctor F. Freixanes (presidente da Real Academia Galega), Manuel Puga (presidente da Fundación Penzol) e Abel Caballero (alcalde de Vigo). A exposición poderá visitarse ata o 17 de decembro.