Francisco Fernández del Riego, intelectual e escritor, morreu hoxe pola tarde en Vigo aos 97 anos de idade. Notario de profesión, Del Riego foi unha figura clave no proceso de reconstrución da cultura galega despois da Guerra Civil, pertencendo á xeración Galaxia e dedicando un importante papel na difusión e o apoio da cultura galega. Doou a súa importante colección documental e bibliográfica á Fundación Penzol en Vigo.
Canda Ramón Piñeiro e Xaime Illa Couto, foi fundador da Editorial Galaxia en 1950, eixo fundamental para a recuperación do galego como lingua de prestixio e cultura e do galeguismo durante o franquismo. No ano 1963, dentro de Galaxia, fundou a revista Grial, do que serÃa director durante os seus primeiros 100 números. Del Riego exerceu incansablemente a difusión da cultura a través de libros e artigos para os xornais. De feito, publicarÃa o seu último artigo no suplemento Culturas de La Voz de Galicia en xullo deste ano, aÃnda que xa habÃa tempo que non escribÃa.
Francisco Fernández Del Riego foi presidente da Real Academia Galega, na que entrou en 1997. Segundo a propia institución, a súa elección: "supón unha apertura sen precedentes na historia da Academia Galega: toman posesión algúns académicos elixidos anos atrás, noméanse novos académicos entre prestixiosos nomes de escritores e intelectuais procedentes de diversos estamentos".