Hoxe inaugurouse na sede da Fundación Penzol, na Casa Galega da Cultura de Vigo, a exposición biobibliográfica en homenaxe á escritora a quen a Real Academia Galega dedica o DÃa das Letras Galegas de 2024, LuÃsa Villalta. A exposición organizada pola fundación, de carácter divulgativo, presenta, en catro paneis un sintético percorrido pola súa vida e obra. Ademais, en tres mesas-vitrina amósanse corenta publicacións que recollen boa parte da súa obra, pertencentes aos fondos da Biblioteca Penzol. Villalta publicou, en apenas vinte anos, case que quince tÃtulos, ademais de numerosos textos en revistas e publicacións colectivas. Unha intensa actividade que se decanta nunha obra que abrangue diversos xéneros literarios: o ensaio, o teatro, o xornalismo de opinión, a narración e mais a poesÃa. O seu falecemento temperan, en 2004, con só 46 anos, tronzou a súa vida nun momento de plena madureza creativa. Ademais da súa actividade literaria, tamén foi unha notable violinista. Ao acto de inauguración asistiron Malores Villanueva, secretaria do Padroado da Fundación Penzol; Susana Villalta, irmá da homenaxeada; VÃctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Manuel Puga, presidente da Fundación Penzol, e Abel Caballero, alcalde de Vigo. A mostra permanecerá aberta no vestÃbulo do edificio ata o 29 de setembro.