Nigrán exporá o mosaico romano no Porto do Molle

Contará cunha musealización básica ata a súa localización definitiva

17/12/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O mosaico de Panxón

O mosaico romano de Panxón retornará o 18 de xaneiro a Nigrán, despois da súa exhibición nunha galería privada de Madrid. O obxectivo do goberno municipal é instalar unha musealización inicial, deseñada pola empresa Árbore Arqueoloxía, na sala de usos múltiples do Porto do do Molle, en espera dunha localización definitiva. O mosaico foi adquirido a partir da achega de 40.000 euros do concello de Nigrán, que se complementa cos 18.000 incorporados pola asociación promotora da súa repatriación a partir da súa campaña de captación de fondos.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nigrán, Arqueoloxía, Galería, Concello de Nigrán...

Claves

Lugares