O mosaico de Panxón xa está en España

Agárdase que nunhas semanas poida rematar o seu longo camiño de volta a Nigrán

O mosaico exhibido en Nova York (Carlton Hobbs). Fotografía: Gonzalo Fernández-Turégano. Asociación para a Repatriación do Mosaico Romano de Panxón
O mosaico exhibido en Nova York (Carlton Hobbs). Fotografía: Gonzalo Fernández-Turégano. Asociación para a Repatriación do Mosaico Romano de Panxón
Dous anos despois de que se levara a cabo o peche da súa compra o histórico mosaico romano de Panxón, xa está este días en territorio español e con vistas a chegar a Nigrán nun breve período de tempo. Este elemento histórico patrimonial de más de 1.500 anos de antigüidade, foi protagonista dun rescate traballado durante anos e acadado grazas á mobilización dun grupo de persoas comprometidas co patrimonio nigranés a través da Asociación para a Repatriación do Mosaico Romano de Panxón e contando coa colaboración do Concello. Máis de cincuenta anos despois a peza volverá ao municipio onde foi achada nos anos 70 tras pasar por Nova York e, durante meses por Londres no seu camiño de volta. Arestora está en Madrid, onde grazas á colaboración desinteresada da Galería Colnaghi pode ser vista polo público antes da súa volta á Nigrán para ser musealizada e exhibida na súa lugar de orixe.