Panxón tentará recuperar un fragmento de mosaico romano a poxa en Nova York

O concello iniciou conversas con Acción Cultural Española

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Panxón tentará recuperar un fragmento de mosaico romano a poxa en Nova York

O mosaico romano de Panxón, unha peza localizada no século XIX, podería volver en breve ao seu concello de orixe. A peza foi localizada nunha galería de subhastas de Nova York, onde chegou despois de numerosas vicisitudes desde a súa aparición. A peza formara parte da colección Blanco-Cicerón, mediante compra, foi vendida nunha casa de subhastas de Madrid no ano 2000 e reapareceu en 2018 na casa Carlton Hobbs, en Nova York. O acalde de Nigrán, Juan González, reuniuse en Madrid co presidente de Acción Cultural Española, Iban García, e Ander Gil, o voceiro do goberno no Senado, para iniciar o proceso de adquisición da peza no anticuario.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nova York, Madrid, Galería, Nigrán

Claves

Conceptos