
O mosaico romano de Panxón, segundo informa a asociación, é unha peza arqueolóxica do século III d. C., única representación do xénero musivario cun tema mariño na contorna metropolitana de Vigo, cun incalculable valor histórico. O mosaico coincide co referido no seu momento polo especialista da categorÃa do profesor Acuña Castroviejo (entre outras publicacións "Vigo en su Historia", paxs. 49 a 53) e foi inspeccionado in situ polo Dr. Carlos Picón, no seu momento responsable da arte antiga do Metropolitan Museum de Nova York (hoxe director da galerÃa Colnaghi da mesma cidade) confirmando a súa antigüidade, orixe e taxación. Representa un peixe, nadando nas augas mariñas, xunto a unhas ameixas e pola súa forma dedúcese que formarÃa parte dun mosaico moito máis grande, evidenciando a súa vez o alto grao de romanización do sitio do Castro, en Panxón, Nigrán (Val Miñor, Galicia) segundo esta asociación. Achado neste lugar de xeito casual no S. XIX pola familia Puga, máis tarde pasou (encaixado nunha mesa) á colección da familia Blanco–Cicerón, na cidade de A Coruña, perdéndose o seu rastro trala súa venda en poxa pública e posterior saÃda de España, ata que hai apenas dous anos un dos socios fundadores da Asociación deu ca peza nunha colección privada de Nova York (Carlton Hobbs) e iniciou os trámites para a súa repatriación que agora xa está no seu tramo final cara o éxito.