Acadan os fondos para adquirir o mosaico romano de Panxón

A peza iniciará o seu trámite de compra tras achegar o Concello de Nigrán a contía comprometida

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
O mosaico na súa ubicación actual en Nova York (Carlton Hobbs). Fotografía: Gonzalo Fernández-Turégano. Asociación para a Repatriación do Mosaico Romano de Panxón

O mosaico na súa ubicación actual en Nova York (Carlton Hobbs). Fotografía: Gonzalo Fernández-Turégano. Asociación para a Repatriación do Mosaico Romano de Panxón

O mosaico romano de Panxón está esta semana algo máis cerca da súa volta ao lugar de orixe. O Concello de Nigrán ven de facer efectiva este venres a súa anunciada achega de 40.000 euros á campaña iniciada pola Asociación Repatriación Mosaico Romano Panxón de captación de fondos para mercar a obra en Nova York. O orzamento preciso para cubrir o prezo da peza datada no século III d. C. é de 58.000 euros, dos que o resto se conseguiron por un crowfunding con varias accións. O mosaico teno á venda a galería Carlton Hobbs de Nova York e agora prevese finalizar o proceso da adquisición e trasladalo ata Londres , onde será doado ao Concello de Nigrán para ulterior transporte ao Val Miñor para a súa exposición como valor engadido da oferta cultural e turística do Concello.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Nigrán, Nova York, Galería, Londres

Claves

Conceptos