Os lucenses escollen a Fuxan os ventos para nomear o seu auditorio

Máis do 65% dos votantes apoiaron a opción

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Interior do auditorio de Lugo. Foto: Estudio Paredes Pedrosa

Interior do auditorio de Lugo. Foto: Estudio Paredes Pedrosa

O 20 de decembro inaugurarase o novo Auditorio de Lugo, un flamante edificio cun custe de 20 millóns de euros. A veciñanza xa escolleu como se chamará: Fuxan os ventos, en homenaxe á lendaria formación musical da cidade, fundamental para entender a cultura da Transición en Galicia. Os veciños de máis de quince anos tiñan a oportunidade de escoller entre catro propostas: Fuxan os ventos, Darío Xohán Cabana, Maruxa Mallo e Maruxa Villanueva. Fuxan gañou cun 65% dos 3007 votos que foron emitidos, seguidos de Darío Xoán Cabana, que conseguiu 654 votos, Maruxa Mallo, con 370 e Maruxa Villanueva, con 129. O auditorio inaugurarase o 20 de decembro cunha actuación especial da soprano Ainhoa Arteta.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fuxan os ventos, Maruxa Villanueva, Darío Xohán Cabana, Lugo

Claves

Entidades
Lugares