A Casa de Rosalía acolle unha homenaxe a Darío Xohán Cabana o 4 de xuño

Contará coa actuación exclusiva de Fuxan os Ventos e numerosos nomes da cultura do país

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Darío Xohán Cabana no seu ingreso na RAG. Fonte: Xosé Castro/RAG

Darío Xohán Cabana no seu ingreso na RAG. Fonte: Xosé Castro/RAG

Baixo o epígrafe Semente de Mencer a Casa de Rosalía de Castro en Padrón acolle este sábado 4 de xuño a partir das dezanove horas unha homenaxe a Darío Xohán Cabana. O autor falecido o pasado mes de novembro é recoñecido pola Fundación Rosalía como "amigo histórico desta Casa, alén de ser un dos grandes escritores da Galicia contemporánea, inmellorable tradutor da gran poesía italiana e occitana medieval e persoa comprometida co futuro da lingua galega e da propia Galicia".

O acto contará coa única actuación que o grupo Fuxan os Ventos realizará polos seus cincuenta anos de actividade. Canda a eles, contarase cunha nutrida presenza de nomes da cultura do país como O' Leo de Matamá, o Mago Antón, Eliseu Mera e Diego Rojo, Chus Pato, Lois Pérez, Pepe Cáccamo, Antón Dobao, Xabier Cordal, Oriana Méndez, Xoán Cuba, Rosa López e Leonor Cabana, que realizarán intervencións literarias e musicais no evento. En caso de chuvia a actividade trasladarase ao Auditorio de Padrón.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Darío Xohán Cabana, Casa de Rosalía, Fuxan os ventos, Rosalía de Castro...