Segundo informan institucións como a Real Academia Galega ou a Casa de RosalÃa, logo dun tempo de doenza na noite deste 16 de novembro faleceu DarÃo Xohán Cabana, nado en Roás, Cospeito, en 1952 e residente en Lugo. Recoñecido poeta, tradutor e autor e narrativa, Cabana foi escollido como membro da Real Academia Galega en 2006, e ingresou na entidade co discurso "De Manuel MarÃa a FerrÃn: a grande xeración". No seu haber figuran múltiples galardóns. Deste xeito, no ámbito da poesÃa, obtivo o Premio MartÃn Códax en 1994 por Canta de cerca a morte, e impúxose en dúas ocasións o Premio Cidade de Ourense, e noutras tantas no Celso Emilio Ferreiro.
En narrativa, unha das súas obras máis coñecidas foi Galván en Saor, na que revisita o mito artúrico situándoo no rural galego, e coa que obtivo o Premio Xerais de Novela en 1989. RecuncarÃa neste galardón en 1994 coa distopÃa O Cervo na Torre. En 1993 conseguiu o premio Barco de Vapor con O castrón de ouro.
No seu labor como tradutor destacou en particular o seu esforzo por traer o galego os grandes clásicos italianos. Isto valeulle o recoñecemento do Concello de Florencia, que lle entregou en 1991 a súa medalla de ouro pola versión galega do Cancioneiro de Petrarca e da Divina Comedia de Dante. A primeira destas obras valeulle tamén o galardón da Asociación de Escritores en Lingua Galega á mellor obra traducida de 2012, e coa segunda obterÃa este mesmo premio dous anos despois.
Canda ao ámbito literario, desenvolveu un importante traballo como activista a prol da cultura e da lingua do paÃs. Foi durante tres décadas autor do encrucillado en Galego de La Voz de Galicia, fixo parte do consello de redacción da revista A Trabe de Ouro e colaboraba con diversos medios. O xornal El Progreso publicaba, aÃnda neste mesmo 16 de novembro un artigo de Cabana sobre Xela Arias.
O Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega amosarron xa o seu pesar polo pasamento de quen a Academia sinala como "unha das grandes voces das letras galegas contemporáneas". Outras entidades como a Casa de RosalÃa,a editorial Galaxia ou Edicións Laiovento expresaron tamén a súa mágoa. Xerais ademais anuncia vindeira publicación dun ensaio "sobre literatura, lingua e tradución no que estaba a traballar o autor e "que, por desgraza, verá luz postumamente". Na Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega salientan, para alén da súa obra, o ter sido alguén "prezado por todas e todos nós pola súa inmellorábel calidade humana".