DarÃo Xohán Cabana, Fuxan os Ventos Maruja Mallo e Maruxa Villanueva son os catro nomes que poderá levar o novo Auditorio de Lugo, ata o de agora coñecido pola súa ubicación na Avenida de Magoi. Entre eles corresponderá á cidadanÃa da cidade das murallas elixir a través dun proceso de votacións que o Concello abrirá o vindeiro luns a través da súa páxina web, nel poderán votar toda a cidadanÃa lucense de máis de 15 anos. Preténdese deste xeito que o recinto teña xa un nome propio oficial para a data da súa inauguración o vindeiro 20 de decembro, que abrirá cunha actuación da soprano Ainhoa Arteta acompañada polo pianista Javier Carmena. Das catro opcións a do nome do escritor DarÃo Xohán Cabana foi proposta pola alcaldesa, Lara Méndez, mentres que a de Fuxan os Ventos foi iniciativa do BNG. Os nomes da artista escénica, actriz e cantante Maruxa Villanueva (Carballedo 1906 - 1998), asà como da importante artista plástica, referencia do surrealismo español, Maruja Mallo (Viveiro 1902- 1995); foron propostos desde o Foro Feminista cunha reclamación sobre a visibilidade dos nomes de muller no eido público.