Xa dispoñible o catálogo da exposición de Fuxan os Ventos

Pódese descargar de balde no web do CCG

| Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaExposicións
Compartir:
Cuberta do libro

Cuberta do libro

Este domingo pechará as súas portas no Cárcere Vello de Lugo a exposición "Fuxan os Ventos. 50 anos de historia", que narraba a dilatada traxectoria dun dos grupos fundacionais da música galega da democracia e autor de auténticos himnos da cultura galega. Para celebrar estas cinco décadas, esta mañá presentouse en Lugo o catálogo da exposición: Fuxan os ventos. 50 anos de historia. 1972-2022, editado polo Consello da Cultura Galega e que xa está dispoñible na rede para a súa descarga gratuíta. O núcleo da publicación está inegrado pola propia mostra, con documentación que narran a evolución desta formación musical desde o seu nacemento no Colexio Menor Santísimo Sacramento de Lugo ata o ano 2022 en que actúa na homenaxe a Darío Xohán Cabana ou recibe o galardón honorífico dos Premios Martín Códax da música. O libro inclúe elaboracións gráficas como a cronoloxía da formación, un mapa cos concertso ou a propia inauguración da exposición. A maiores o texto inclúe textos asinados polo propio grupo, Uxía enlle, Xoán Manuel Estévez ou a comisaria da exposición, Sabela Fraga.

Que che parece esta nova?
108 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fuxan os ventos, Lugo, Darío Xohán Cabana, Sabela...