Premio Pérez Lugín de xornalismo para Ricardo Fernández

A temática desta LXXXIV edición xiraba sobre o centenario da radio

O xornalista ourensán Ricardo Fernández Colmenero, ven de obter o Premio Pérez Lugín de xornalismo na súa LXXXIV edición. Este veterano galardón organizado pola Asociación de la Prensa de A Coruña (APC), que este ano celebra o seu 120 aniversario. O xurado recoñeceuno co galardón polo seu traballo titulado 'Él grillo gigante'. Publicado no xornal El Mundo. A temática desta edición do galardón centrábase no centenario da radio. O premio, que entregarase o vindeiro 24 de xaneiro, consiste en 3.000 euros e unha figura conmemorativa, patrocinados polo Concello d'A Coruña. O xurado estivo conformado por membros da directiva da APC, do Concello, , o ganador da edición anterior, Toni Silva, e representantes de emisoras de radio locais, como Yolanda López (Radio Gallega), Maite González (Radio Coruña) e Xosé Manuel García (RNE), entre outros.

Actos do 120 aniversario
Ademais do fallo do premio Pérez Lugín, a directiva continúa coa conmemoración dos 120 anos da asociación da prensa, a terceira máis antiga de España, que se cumpriron exactamente o pasado 5 de decembro. O próximo 17 de decembro, ás 20.30, a alcaldesa, Inés Rey, inaugurará coa presidenta, Doda Vázquez, unha exposición sobre a historia da asociación, na Casa da Cultura Salvador de Madariaga.
Dentro das actividades relacionadas coa mostra, haberá varias visitas guiadas por un roteiro do xornalismo coruñés e a cidade de principios do século XX. Desde o Circo de Artesáns, onde nace a APC en 1904, pasando por diferentes lugares ata chegar á exposición, no mismo edificio da rúa Durán Loriga onde ten a súa sede actualmente a asociación.