Se en 2008 se celebrara por todo o alto o 75 aniversario da Radio en Galicia, en 2009 as festas de conmemoración radiofónica continúan. Desta volta Radio Vigo e Radio Coruña Cadena SER preparan en paralelo cadansúa gala para lembrar os tres cuartos de século dos seus comezos de emisión. Na Cidade Herculina, a emisora distribuirá unha serie de distincións a persoeiros coma Manuel Rivas ou DÃaz Pardo e a entidades coma Inditex, a fundación Seoane, Gadisa ou o Deportivo entre outros. Pola súa banda, en Vigo o Teatro Caixanova acollerá mañá un encontro no que se homenaxeará os fundadores da radio, Santiago Montenegro e Emilio Torrado, asà coma institucións entre as que se contan Faro de Vigo, Caixanova, o Porto ou o Club Náutico.