A Radio Galega cumpre 20 anos de emisión

Ondas galegas

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O 29 de marzo de 1985 Nicolás Santiago inaugurou cun “Bos días, Galicia” a primeira emisión da Radio Galega. Desde entón a radio pública leva vinte anos traballando co lema “falar en galego e pensar en Galego desde Galicia”. Un obxectivo que continúa vivo, ademais da vontade de actualización da radio pública aos novos tempos que corren. Por iso, Luís Pérez, o seu actual director anunciou como vindeiras tarefas a dixitalización total dos seus contidos, multiplicar as desconexións locais para achegarse ao público, e coidar da Radio Galega Musical e Son Galicia Radio, as dúas novas emisoras de radiofórmula dixitais.

Máis información en La Opinión e no web da Radio Galega

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Radio Galega, La Opinión, CRTVG, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)