Radio Nacional emite en galego a súa canle de noticias Radio 5

Radio 5 muda de lingua

19/10/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
38 lecturas | Compartido 0 veces
Desde as 12:25 horas de onte toda a programación de Radio 5 en Galicia emítese en galego. Deste xeito cúmprese o compromiso asumido por Pedro Piqueras, director de RNE, de respectar a lingua galega, e así o ratificou onte no Club internacional de Prensa de Santiago. O actual director da radio pública lembrou que non era unha iniciativa nova, senón que hai vinte anos, estando Manuel Lombao na dirección do centro en Galicia, xa se emitía parte da programación na nosa lingua.

Máis información en Galicia Hoxe e no web de Radio 5


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Galicia Hoxe, RTVE

Claves

Entidades
Conceptos