As emisoras municipais emiten programación conxunta e Virxilio Costas é o novo director da Radio Galega

Historias da radio

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Hoxe é un día destacado para os radiooíntes. Por unha banda porque as Emisoras Municipais Galegas estrean unha programación que, por primeira vez, implica ás dez emisoras destas características. Belén Regueira e Tomas Lijó conducirán “Entrada libre” que combina contidos musicais, con axenda cultural, entrevistas e conexións con galegos no exterior. E, polas trades Leo Toral fará un percorrido pola información de diferentes localidades a través de correspondentes. Por outra banda, Virgilio Costas é o novo director da Radio Galega desde este sábado. Ademais, esta fin de semana Benigno Sánchez tomou posesión do seu cargo como director xeral da CRTVG.

Máis información sobre a programación conxunta das Emuga en Vieiros e sobre o novo director da Radio Galega en Xornal.com

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Radio Galega, Vieiros, Virxilio, CRTVG...