Dar as noticias dunha vila antes de que existise a radio. Esa era a idea básica coa que, desde Radio Arzúa, Armando Cascón puxo en marcha Arzúa na memoria. Espello histórico dunha terra, unha curiosa iniciativa para celebrar o décimo aniversario da emisora. Esta exposición, froito dun longo traballo de investigación, explica a partir de fotografías os principais fitos da historia do Concello ata a aparición da radio. Desde mediados dos século XIX ata a chegada da democracia, imaxes do máis variado prestan testemuño dunha época.
Hai dez anos a emisora municipal Radio Arzúa comezaba a emitir. Desde entón todos os feitos destacados do concello chegaron polas ondas aos fogares. Pero Armando Cascón, director desta emisora, decatábase de que quedaban en todos os anos en que non existira a emisora, moitas noticias que non se deran. E para dar a coñecer estes acontecementos, botou a andar Arzúa na memoria. Espello histórico dunha terra. Esta mostra, que se pode ver desde o dez de decembro no pavillón multiusos da vila, amosa arredor de trescentas cincuenta fotografías seleccionadas de entre máis de catro mil. Quixemos tentar contarlle a todos os oíntes aqueles feitos que tiveron lugar na vila antes do comezo da radio, a partir do comezo da fotografía ata a chegada da fotografía a cor, que ven coincidir coa entrada da democracia, explica Cascón. Esta foi a mellor maneira que encontrei para lle contar á xente o que non puidéramos facer desde a radio porque non existía aínda. A fotografía permítenos viaxar no tempo, e é o mellor xeito de contar un acontecemento, vense os protagonistas, como se desenvolveu o feito e ademais permite amosar o contexto, completa.
Momentos da historia
A exposición organiza en orde cronolóxica copias das fotografías orixinais, canda unha pequena mostra de carteis de festas, os primeiros anuncios do cine, rifas das primeiras asociacións culturais da zona e outros documentos. Seleccionamos fotografías que tivesen algo que contar, cada unha delas ten detrás de si unha historia, explica o coordinador do proxecto. Sen que se poida considerar estritamente unha investigación histórica da vila en imaxes, a mostra recolle os principais momentos da historia da Arzúa desde mediados do século XIX. As máis antigas que temos son retratos, explica Cascón. En concreto, unha imaxe de 1860 de Joaquín Barreiro Ferro, deputado en Cortes por Arzúa é a que ten máis tempo de toda a mostra. Pódense ver despois imaxes de todo tipo. Quizais as que máis destacaría son as que teñen a ver cun evento social. Logo da época da guerra hainas moi bonitas e tamén as da emigración, sinala. Imaxes do comercio e da industria da zona mestúranse coas que se lle dedican ao agro. As mallas, as sociedades agrarias, a chegada do arado de ferro ou a construción do encoro de Portodemouros son algunhas das máis espectaculares, recoñece o director de Radio Arzúa. Coincidindo coa mostra, publícase un libro que completa en boa medida a información histórica que se pode ver na exposición.
Investigación histórica
Nada menos que dous anos de investigación en casas particulares, institucións e arquivos lle levou ao director de Radio Arzúa completar este proxecto. Non foi só recompilar fotografías, explica. Léronse tamén as actas do Concello para ver acontecementos relevantes, visitáronse os arquivos Diocesano e o do Reino de Galicia, a Delegación do Goberno para ver asociacións e os grupos políticos, fontes, a Real Academia, o Congreso dos Deputados.... Evidentemente, unha grande parte da documentación gráfica sobre a historia de Arzúa encontrábase en mans privadas, e para iso houbo que ir visitando boa parte das casas da vila, e mesmo ir fóra na busca de novas imaxes. Hai familias que están espalladas por toda a xeografía e que non deixaron nin raíces en Arzúa, tamén hai moito material en colectivos da emigración. Ademais de buscar fotografías, o proceso supuxo tamén a recollida de testemuños sobre os feitos narrados nas propias imaxes. Foron moitas fins de semana, viaxes visitando arquivos e casas, lembra Cascón.
Á caza da fotografía
Para os interesados en desenvolver actividades semellantes, o director de radio Arzúa recomenda que, para optimizar a recollida de fotografías, o mellor é contactar directamente cos propietarios e ver o material na súa propia casa. Á xente normalmente faille ilusión colaborar, aínda que tamén hai persoas renitentes. Sei que hai fotografías que non nos deixaron, especialmente as que teñen que ver co tempo da guerra e cos primeiros anos do franquismo, explica. Para isto, eu recomendo que se vaia aos lugares onde están as fotografías. É máis, tentar que a xente ensine o baúl onde están e que o investigador poida velas, porque hai xente que pode non lle dar importancia a unha imaxe que logo ten detrás unha historia tremenda. Para Cascón, é tamén importante aproveitar as propias fontes para que acheguen os contactos doutras persoas que poidan dar información. De calquera xeito, nós tiñamos un punto ao noso favor, recoñece, e é que ao sermos da radio todo o mundo nos coñece e ábrennos as portas.
Do álbum á pantalla
O proxecto aínda deu unha volta de porca máis o contactar os organizadores deste evento con culturagalega.org. O director do portal, Manuel Gago, apostou por lle achegar un valor engadido á proposta e facer, a partir dunha selección do material de Cascón, un contido multimedia para a rede. A idea era coller aquelas fotografías que amosasen feitos que, ao tempo que eran locais, eran tamén acontecementos comúns a toda Galicia, explica. A estas imaxes engadíronselles as voces dos membros de Radio Arzúa, que narraban os feitos amosados como se fosen na realidade noticias radiofónicas. Deste xeito, creouse un arquivo multimedia que permite ver as fotografías, escoitar esas novas radiadas e ler os textos desas mesmas noticias. A idea convenceu de tal maneira ao director de Radio Arzúa que Cascón anunciou xa a súa intención de incluír este pequeno programa na propia exposición.
Futuros para un pasado
Os que non teñan ocasión de ver a mostra neste inverno, o director de Radio Arzúa lémbranos que para o vindeiro mes de xuño programarase de novo no mesmo lugar. Hai moita xente que vén para o verán e que non a pode ver agora, explica. Finalizado o proxecto, todo o material pasará a mans do Concello, onde o coordinador do proxecto agarda que se cree un arquivo fotográfico. Seguiremos recollendo material. Sempre aparece alguén que encontrou unha foto que podía incluírse na mostra, recoñece. É posible entón que, dentro duns anos, poidamos ver unha segunda parte desta exposición con novos anacos da historia da Arzúa ata o de agora esquecidos nos baúis. Penso que todo pobo merece un traballo deste tipo sinala Cascón.