Jorge Pan gaña o Premio Pérez Lugin de xornalismo

A peza 'Pucheiros contra o fast journalism' baseáse na figura de Picadillo a quen se dedicaba o certame

| Santiago. Redacción | Seccións: ComunicaciónSociedade
Compartir:

O xornalista Jorge Pan Varea, xefe de prensa da Consellaría de Política Social, ven de ser4 declarado o gañador da LVXXIII edición do Premio Pérez Lugín de xornalismo, outorgado pola Asociación da Prensa de A Coruña (APC). “Centenario de Picadillo. Periodismo y gastronomía. ¿Cómo se come eso?”foi o tema elixido pola APC nesta ocasión en conmemoración dos 100 anos do falecemento do escritor, gastrónomo e político Manuel María Puga y Parga, quer asinaba como Picadillo. Pan Varea gañou coa peza “Pucheiros contra o fast journalism”, na que facía unha analoxía entre a boa gastronomía e as necesidades a cumprir para facer un bo xornalismo. Este premio é un dos galardóns xornalísticos máis veteranos do país. Creado en 1941, está dotado con 3.000 euros e conta co patrocinio da Secretaría Xeral de Medios da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia e do Concello de A Coruña.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xornalismo, A Coruña, Gastronomía, Manuel María...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares