Suso Martínez gaña o Pérez Lugín de xornalismo

Evoca a Coruña finisecular e a carrilana a Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

O guía turístico Suso Martínez gañou a LXXX edición do Premio Pérez Lugín de xornalismo, que este ano estaba dedicado á relación entre xornalismo e vida universitaria. Co título "Aqueles homes bigotudos do século XIX", Martínez percorreu co seu texto A Coruña de entre os séculos XIX e XX e a carrilana que conducía a Santiago de Compostela. A xornalista Marta Otero levou un áccesit co texto "Compostela: aquela, a nosa", no que realiza un percorrido pola vida universitaria en Santiago. O Pérez Lugín está recoñecido con tres mil euros.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xornalismo, A Coruña, Guía, Santiago de Compostela