O Diario Oficial de Galicia publica este 10 de decembro a convocatoria de axudas para o desenvolvemento do sector dos videoxogos. Dotadas cun total de 150.000 euros para dúas anualidades, esta nova liña de subvencións apoia os procesos para crear prototipos desta clase de produtos culturais, cunha achega máxima de 25.000 euros por proxecto e ata un 70% do custo total do mesmo.
Segundo explica a Xunta, a convocatoria pretende "promover a xeración de contidos galegos e en galego, así como favorecer a profesionalización e a creación de emprego por parte das empresas galegas neste ámbito". Deste xeito, estar realizado en galego ou contar con versión na nosa lingua achegará seis puntos dun máximo de 60 na valoración dos proxectos.
Canda a este criterio, valoraranse aspectos como o interese cultural, a capacidade de creación de emprego "con especial atención á incorporación das mulleres aos equipos", así como á diversidade do público a que se dirixen. Tamén se terán en conta "o carácter innovador e o valor engadido das propostas, a súa capacidade para xerar sinerxías con outros sectores, a súa viabilidade técnica e económica ou a incorporación de ferramentas de avaliación dos seus resultados, entre outros aspectos".