O Diario Oficial de Galicia deste 24 de abril dá conta da resolución das axudas para gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais. Nesta xeira, un total de 45 firmas, dúas menos que no pasado ano, repartiron uns fondos de 249.858 euros, case 50.000 máis que na anterior convocatoria. En total, a Xunta apoia con esta liña o lanzamento de 376 obras, tanto en galego como noutras linguas. Esta cifra que supón 14 tÃtulos menos do que na última edición.
A repasar as listaxe de entidades beneficiadas da resolución, Kalandraka Editora é a que recibe máis fondos, a sumar 24.999 para publicar trece obras. Séguea a firma Follas Voadoras SL, empresa matriz de Aira Editorial, que recibe 18.992 euros para lanzar unha quincena de tÃtulos. As editoras Bululú e OQO, que reciben respectivamente 13.616 e 13.465 euros, continúan na lista de beneficiarias, a presentar 15 tÃtulos cada unha.
Teófilo de Comunicación e Bolanda, con algo máis de 12.850 euros cada unha, son as seguintes con máis fondos, con 9 e 15 obras na listaxe respectivamente. Embora, con 9.964, BaÃa Edicións, que leva 9.892, Triqueta Verde (9.679), Cumio (9.214), Rinoceronte Editora, que obtén 8.778 e Técnicas Gramaxe, con 8304 euros completan a ducia de firmas con máis fondos.
Por proxectos, o que recibe máis fondos desta convocatoria é O gran libro do cocido galego, polo que Nortideas Comunicación recibe 5.635 euros. Ségueo a edición de Suite francesa de Follas Voadora/Aira Editorial, cunha subvención de 3.228. O proxecto de Teófilo de Comunicación A prosa dunha muller valente. RosalÃa de Castro, que leva 3.103 euros e mais a versión en castelán dos Minilibros imperdibles 7 de Kalandraka con 2.943 comparten o tope das edicións máis apoiadas.
A BD Viveiro 1810, augas mortais de Primitivo Marcos, que editou a Deputación de Lugo, consegue 2.867,29 euros para a empresa titular da viveirense Gráficas Lar. Pola súa banda, o volume conmemorativo LuÃsa Villalta. DÃa das Letras Galegas 2024 que o xornal La Voz de Galicia lanzará con ocasión do vindeiro 17 de maio recibe nesta subvención 2.211,43 euros.
Ao abeiro desta liña de apoio, a Xunta contribúe aos gastos derivados de "tradución e corrección, revisión, maquetación, custos de preimpresión, dixitalización, asà como accións de comercialización como campañas de márketing e publicidade en diferentes medios e canles ou gastos de distribución". A convocatoria fora criticada pola Asociación de Editora ao entender que non se axeitaba á realidade do sector e non supuña un apoio real á edición.