Muxía acolle o renacido festival Comarea

A sexta xeira do encontro celébrase entre o 6 e o 8 de decembro no camping Lago Mar

A ampliar o seu foco a novos estilos, Muxía acolle un renacido festival Comarea, que traslada a súa celebración do verán ao final de outono. Entre o 6 e o 8 de decembro, o camping Lago Mar desta localidade centraliza as actuacións deste encontro, que chega así á sexta edición. O festival que organiza o colectivo Horta Creativa celebrara as súas anteriores xeiras entre 2015 e 2019.

O apartado musical do proxecto bota a andar cun concerto no bar O Porto a cargo de Sofía Espiñeira e Bonita & Sabrosa na noite do día 5. A Dj Pamela Rodríguez protagoniza a sesión vermú do día 6, que contará con Catuxa Salom, Chicharrón e GUTS como pratos fortes, aos que acompañará Maikel DJ e Sonido Tupinamba.

Pulpiño Viascón é a proposta para o mediodía da xornada do sábado 7, con Macadam Crocodile, Mustard, Omiri, Rapariga DJ, Toccororo e Zars B para a sesión nocturna. O concertos finalizan o día 8 ás 13 horas coa actuación de Family Folks.

O programa iniciouse os días 3 e 4 con senllos obradoiros de percusión doméstica. Un faladoiro sobre o traballo coa cultura que reunirá a Viki Rivadulla, Xosé María Varela e Nieves Lema. Ademais, desenvolverase unha limpeza na praia á que seguirá un obradoiro creativo na mañá do día 6.