Os traballos de restauración chegan aos hórreos da Merca

É a primeira actuación de recuperación deste conxunto nos últimos trinta anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Hórreos da Merca. Fonte: Turismo de Galicia

Hórreos da Merca. Fonte: Turismo de Galicia

Desde o pasado mes de outubro e ata comezos deste decembro, a maior concentración de hórreos de Galicia, situada na Merca, está a recibir os primeiros traballos de restauración. Turismo de Galicia, con 138.000 euros, e o Concello da Merca, que achegou 60.000, financiaron estas actuacións, que pretenden protexer de cara ao futuro este conxunto de 34 construcións, declaradas Ben de interese cultural ao ser anteriores a 1901.

A colección de hórreos, que se recuperaron de fincas particulares e se reuniron no campo da feira da localidade a finais dos anos 70 con intención de os conservar, presentaban na actualidade danos en carpintería, cubertas e mesmo elementos de cantería. Ata o momento as únicas actuacións que se realizaran sobre o conxunto foran de limpeza e mantemento da contorna.

Os traballos que se están a abordar inclúen limpeza, colocación de tellas e restauración ou substitución das partes danadas de cada canastro, que nalgúns casos presentaban deterioracións importantes. Desde o Concello apostan ademais pola futura creación dun centro de interpretación dedicado a este patrimonio cultural.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Turismo, Turismo de Galicia, Feira