¿É delito descargar música de Internet? ¿É certo que as descargas de Internet acabarán coa música? ¿A nova forma de acceder á música pode ocasionar a perda de postos de traballo?... Son algunhas das preguntas que circulan polos foros de Internet e ás que avogados, responsables da Sociedade Dixital de Autores (SDAE), músicos e productores musicais responderon no III encontro O Son da Memoria organizado polo Consello da Cultura Galega.
A popularización da tecnoloxía e de Internet deu lugar xa non só á aparición de soportes informáticos de gran capacidade, senón tamén a novas e constantes formas de distribución masiva. Xerouse así un novo concepto de propiedade intelectual que deu lugar a posicións encontradas entre autores, distribuidores e usuarios.
O Arquivo Sonoro de Galicia, como entidade que se encarga de almacenar e custodiar a memoria sonora de Galicia, preocupado polo novo marco legal que se está a debater hoxe en día, organizou un encontro no que sentou á mesma mesa voces que poden explicar como cambia o concepto ante as novas tecnoloxías: o director da SDAE, José Neri, o productor musical e mánager Xosé Manuel Blanco e o avogado especializado en dereitos de autor e Internet David Bravo Bueno.
A Internet revoluciona o concepto de propiedade
O 100% dos negocios que aparezan relacionados coa cultura serán dixitais. O autor desta afirmación é José Neri, director da SDAE, que vaticina que o imparable avance técnico está a reformar o acceso á cultura, no que os grandes beneficiados serán as empresas de telecomunicacións. Por exemplo, segundo os datos da SDAE, se queres descargar ao teu móbil unha canción de Joaquín Sabina dos noventa céntimos que che custa, 60 van para a empresa de telefonía, 29 van para a empresa que facilita o servizo e só un céntimo vai para o autor; unha visión economicista na que tamén coincide o mánager e productor musical Xosé Manuel Blanco, quen establece que no campo da industria discográfica hai tres capas: a física, que é a que equivale ao hardware; a lóxica, que é a que afecta ao software e a capa de contidos. Para Xosé Manuel Blanco a clave futura está en traballar sobre a capa lóxica, establecendo unha alegación a favor do software libre que daría pé a unha infraestructura liberada que estaría ao servizo dos autores. Iso si, sempre de pagamento. Neste sentido, José Neri reforza a súa afirmación destacando que a clave está no acceso, non na distribución.
A cara menos compracente do debate sentouna o novísimo avogado David Bravo Bueno, que ofreceu unha aplaudida intervención na que puxo de manifesto que o beneficio cultural se debate entre dous dereitos básicos e fundamentais: por unha banda, o de propiedade intelectual e, por outro lado, o acceso ilimitado á cultura dos cidadáns. Ou o que el mesmo explicou unha loita desigual entre a industria, que ten o acceso aos medios de comunicación, e os intereses sociais.
As 8 mentiras da piratería
Para seguir co seu argumento, David Bravo pretendeu desmitificar oito tópicos que se lle veñen atribuíndo á chamada piratería. Centrouse en primeiro lugar no concepto piratería ao que ademais de verlle connotacións pexorativas, atribúe un mal uso. Por iso remitiu ao dicionario da RAE que define o substantivo do seguinte xeito: dise da persoa que se apropia do alleo. Para David, os intermediarios no negocio discográfico quedan co 80%, co que a ver quén é o pirata.
Segundo tópico: destrúe economicamente os artistas. O avogado ensinou un contrato no que figuraban os royalties dun coñecido artista, no que as súas ganancias de 3 meses ascendían a 36 euros. Un feito ao que incorporou que os seus ingresos a través de concertos nese mesmo período aumentaron un 26%, segundo as cifras que facilita ARTE (asociación á que, por certo, só pertence un artista galego). A xustificación de David Bravo era que Internet facilitaba o acceso á cultura e que xeraba ingresos indirectos aos artistas e non aos intermediarios, que son as casas discográficas. Apelou á memoria histórica para desmitificar o terceiro tópico que ocasiona a perda de postos de traballo. Non é a piratería, asegurou David, senón a tecnoloxía, igual que pasou cos que poñían musica nos teatros cando Berliner inventou o gramófono.
Para o cuarto tópico os prezos dos CD son caros, pero é unha decisión do usuario, o avogado explicou que de pouco vale o acceso á cultura se despois a economía o prohibe. Menos sutil foi coa quinta e apocalíptica información, que asegura que as descargas de Internet acabarán coa música, ao que di que a música se adaptará aos novos tempos.
A sexta mentira aseguraba que a piratería, ¿é delicto?, unha pregunta que se fan moitos dos usuarios de programas P2P que empregan para baixar música de Internet aos seus computadores. Neste sentido, David Bravo explicou a diferenza que o código penal estabelece entre falta e delito, e apelou á necesidade de que a sociedade comece a esixir que se respecten os seus dereitos. E precisamente agora, porque é o momento no que se está a reformar a lei de propiedade intelectual. Neste sentido abriu un novo fío que é o da copia privada e os sistemas anticopia (rompelos estará tipificado como delito se se aproba a nova lei de propiedade intelectual), o que é todo un paradoxo para David Bravo porque a copia privada entendendo como tal toda aquela copia que se fai dun disco, sexa cal sexa o orixinal de procedencia- está permitida hoxe en día pero, ¿como se vai poder facer se é delito romper os sistemas anticopia? É como se che dan un libro cun candado dicindo que o podes ler, pero non che dan a chave para abrilo.
Por último, a oitava mentira é aquela que di que descargar música é de balde. Para descargar música precisas un ordenador, unha gravadora, cds e pagar unha conexión de teléfono que, segundo os datos de David, son as máis altas de Europa. Xéranse así un novo tipo de consumo que crea riqueza, e tamén unha forma de acceso social.
De todos os xeitos, David recordou as chamadas doutrinas minimalistas como posibles solucións para remunerar aos autores, sen que ao cidadán se lle prive do acceso á cultura ilimitada. Son teorías que buscan formas de financiamento como a publicidade, o patrocinio.... para pagarlle aos seus autores o que lles corresponde pola súa creación.
Máis dereitos
As xornadas continuaron analizando os casos concretos dos arquivos sonoros. Ángeles Afuera, xefa de documentación da Cadena Ser; Margarida Estanyol, directora da Fonoteca de Catalunya, e Mateo Maciá, director do Arquivo do Congreso dos Deputados analizaron a situación dos arquivos, o seu funcionamento o procedemento e tratamento da recollida de material sonoro.