O Galiverso, proxecto de realidade virtual impulsado pola Xunta de Galicia, estrea na Cidade da Cultura de Galicia unha nova experiencia que achega ao público marabillas naturais, arqueolóxicas e históricas de Galicia nos que a pedra é a protagonista e daà o nome desta experiencia ' Galiverso no corazón da pedra'. Afloramentos granÃticos, praias de area negra creadas pola erosión de antigos glaciares, ventos e mareas, covas prehistóricas, arte rupestre, petróglifos e xacementos romanos forman parte desta nova experiencia dispoñible de martes a domingo, de xeito gratuÃto, reservando praza no Museo Centro Gaiás ou en Ataquilla. En total son sete os enclaves que se poden visitar nesta sexta montaxe do Galiverso: a Cova Eirós e a cova do Rei Cintolo na provincia de Lugo; a praia de Teixidelo en Cedeira, o petróglifo do Castriño de Conxo en Santiago de Compostela, o xacemento romano de Aquis Querquennis en Bande (Ourense), o Penedo de Noiteboa no Porriño e a Escola de canteiros de Poio.
A entrada a algúns deste lugares ao público resulta imposible, polo que a realidade virtual e o xeito máis achegado posible á experiencia in situ.É o caso da Cova Eirós, un dos xacementos prehistóricos máis importantes de Galicia, no que hoxe só pode internarse persoal investigador. Tamén enclaves de acceso complicado, como a espectacular cova do Rei Cintolo coas súas formacións de estalagmitas e estalactitas ou o areal de Teixidelo, a única praia de area negra no mundo de orixe non volcánica, á que se baixa seguindo un empinado sendeiro desde os acantilados de VixÃa Herbeira na Serra da Capelada. Para conseguir trasladar estes lugares á contorna dixital, contouse coa colaboración dos arqueólogos e historiadores do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CiSPAC) Arturo de Lombera Hermida e Tania Mosquera Castro, asà como con especialistas da asociación de espeleoloxÃa encargada de realizar as visitas á cova do Rei Cintolo, que fixeron de guÃas e axudaron a documentar de maneira rigorosa cada un dos espazos.