Sen votos en contra, mais coa abstención dos grupos de oposición ao Goberno autonómico, o Parlamento de Galicia aprobou onte a Lei de Cultura Inclusiva e Accesible de Galicia. A iniciativa lexislativa chega asà á fin do seu percorrido previo á súa posta en marcha. O texto foi obxecto dunha emenda á totalidade por parte do BNG en Comisión e de outras 39 emendas dos nacionalistas chegaron a aceptarse cinco por parte do grupo popular maioritario. O texto foi defendido ante o Pleno da cámara pola deputada Carmen Pomar, portavoz de Cultura do Grupo Popular. Pola súa banda tras da aprobación o responsable de Cultura da Xunta, José López Campos, enxalzou as "grandes vantaxes" que suporán as medidas que desenvolverá esta normativa para "rachar con todo tipo de barreiras, xa sexan fÃsicas, cognitivas, comunicativas, sociais ou territoriais". Ao respecto, explicou a dobre vertente da norma para garantir, por unha banda, o acceso á oferta a todas as persoas "sexa cal sexa a súa situación", e por outra, "dándolle pulo aos creadores, apoiando o talento e dándolle visibilidade a todas as persoas, especialmente a aquelas que poidan ter menos oportunidades por diversas circunstancias", afondou. A lei queda pendente da vindeira publicación no Diario Oficial de Galicia para a súa entrada en vigor.