A Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia ven de avanzar un paso máis cara a súa implantación coa aprobación do proxecto de lei por parte do Consello da Xunta na súa reunión de hoxe. O texto ten por obxectivo facilitar o acceso á cultura de todos os cidadáns desde unha perspectiva que se refire á participación na vida cultural en sentido amplo ao abranguer dúas direccións: a vertente creativa e xeradora de produtos e servizos culturais, dando visibilidade ao talento artÃstico de persoas que ás veces permanecen invisibles ao público, e a vertente do acceso e consumo a produtos e servizos culturais. O proxecto será agora elevado ao Parlamento para o seu debate e tramitación, coa intención de que a norma poida estar aprobada a finais deste ano.
No relativo á creación cultural, a lei recolle medidas centradas en fomentar as manifestacións culturais en todas as súas vertentes e desde todo tipo de persoas e colectivos. Para iso, recóllese a creación de liñas de estÃmulo que teñan en conta a perspectiva de xénero, a diversidade social e a realidade xeográfica de Galicia, e que permitan acadar unha maior participación de colectivos que, polas súas caracterÃsticas, teñan máis dificultades para participar activamente nas actividades de creación cultural. Asà mesmo, as medidas e os programas deberán contribuÃr a reducir a discriminación das mulleres, a paliar o déficit de produción cultural feminina e a garantir que a aprendizaxe, a dinamización e o uso da lingua galega sexa plenamente accesible ao longo de toda a vida e para todo tipo de persoas. A regulación que se pon en marcha pretende ofrecer un marco estable desde o que traballar para promover unha participación universal e efectiva.
A norma prevé a creación, no prazo de dous anos desde a súa entrada en vigor, do Plan de accesibilidade e de inclusión cultural no cal, coa participación de entidades representativas, se detalle a situación de partida e as melloras que cómpre realizar, e o Observatorio da Cultura Inclusiva e Accesible de Galicia, que funcionará como un órgano colexiado, de asesoramento, seguimento e participación institucional. En canto ao territorio, a nova regulación ten en conta a realidade xeográfica de Galicia á hora de incidir na importancia de planificar programacións culturais que cheguen a todos os concellos, especialmente ás zonas rurais. Neste senso, valora o uso de opcións como formatos móbiles ou itinerantes para impedir que a localización xeográfica limite o acceso á cultura por parte da cidadanÃa. Asà mesmo, promoveranse accións encamiñadas a dixitalizar todo tipo de materiais e recursos do patrimonio cultural de Galicia, en especial o documental e bibliográfico, para a súa posta á disposición do público