O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia. O texto entrará en vigor en seis meses a partires de hoxe, concretamente o 2 de xullo, e ata entón terán organizadores e promotores de espectáculos públicos para axeitarse aos requisitos que presenta este texto aprobado no Parlamento o pasado dÃa 19 de decembro apoiado polo grupo de goberno e coa abstención de todas as forzas da oposición, sen votos en contra. Durante a tramitación do proxecto de lei aceptáronse dúas emendas presentadas polo propio Partido Popular,13 emendas do PSdeG, 5 emendas do grupo de En Marea e 4 do BNG, Outras 5 emendas ao texto tiveron carácter conxunto por similitudes entre varios grupos.
Este é o primeiro texto legal autonómico especÃfico da materia co que conta o sector dos espectáculos públicos galego e que recoñece a competencia exclusiva da Comunidade Autónoma nestes eventos, malia que mantén no poder do estado as competencias en no relativo a espectáculos taurinos. A lei está estruturada en catro tÃtulos, que comprenden corenta e dous artigos, unha disposición adicional, cinco disposicións transitorias, unha disposición derrogatoria e seis disposicións derradeiras. O texto recolle as condicións técnicas e de seguridade apropiadas para garantir os dereitos do público asistente e de terceiros afectados, a convivencia veciñal e a integridade dos espazos públicos.
Regúlanse tamén a exixencia de seguro e as relacións entre as administracións públicas de Galicia na xestión dos espectáculos públicos e das actividades recreativas, que están presididas polos principios de cooperación e colaboración administrativa, créase a Comisión de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia, como órgano consultivo con funcións de coordinación entre as administracións, de estudo e de asesoramento, e, por último, disponse a constitución do Rexistro de empresas e establecementos destinados á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas, adscrito á consellarÃa competente por razón da materia.
Regulación con polémicas
A norma foi obxecto de debate e controversia durante a súa tramitación existindo posicións encontradas ao respecto desde diferentes visións. Desde o asociacionismo e o activismo social se entendÃa que esta norma obrigaba a estas entidades, no caso de querer organizar espectáculos culturais públicos de calquera tipo, a dotarse de mecanismos propios de empresas como seguros e outros requisitos, ou a interpor obrigatoriamente os servizos de empresas, mercantilizando os seus obxectivos e o xeito de xestión social de cooperación de algunhas destas organizacións. Por outro lado desde o mundo das orquestras o debate polarizouse nas dúas asociacións profesionais do sector, enfrontadas de base, resultando que a norma é ben recibida desde a Asociación de Empresarios de la música de la Verbena Gallega (Asevega), mentres que conta coas reticencias da Asociación Galega de Orquestras (AGO).
Dado que a competencia da administración para autorizar permisos de espectáculos queda restrinxida a aqueles que excepcionalmente poidan celebrarse en máis dun termo municipal á vez, as competencias recaen na inmensa maiorÃa dos casos sobre os concellos, que poden solicitar dos organizadores declaracións responsables de estar en cumprimento dos requisitos ou esixir a certificación inmediata de todos e cada un deles. Esa arbitrariedade que a norma legal permite aos concellos, como últimos garantes do cumprimento e do outorgamento de licenzas, á hora de autorizar os espectáculos semella ser un dos puntos quentes do conflito, xunto coa obrigatoriedade da contratación de cuantiosos seguros de responsabilidade civil tanto ás empresas musicais como aos organizadores, asà como a responsabilidade subsidiaria destes como persoas fÃsicas, non só xurÃdicas e con posibilidade sancionadora sobre eles.
Xa que a lei entra en vigor xusto no comezo de xullo e non pode aplicarse á licenzas e autorizacións solicitadas previamente é de agardar que neste ano, ata que todos os axentes implicados se adapten a ela, haberá unha grande solicitude de licenzas nos concellos para os eventos de verán nesas datas previas á validez da lei.