Un catálogo reúne 32 iniciativas artísticas femininas vinculadas á migración

Busca chamar a atención dos programadores sobre estas creadoras

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O grupo Batuko Tabanka actúan na inauguración. Foto: Deputación de Lugo

O grupo Batuko Tabanka actúan na inauguración. Foto: Deputación de Lugo

O colectivo Mulleres á fronte presentou onte na sala de exposicións da Deputación de Lugo no pazo de San Marcos, un directorio de "mulleres artistas migrantes", que inclúe "32 iniciativas artísticas femininas -individuais e colectivas – vinculadas a migración, que reflexionan sobre a identidade, o desprazamento e a intersección de culturas desde diferentes disciplinas, fundamentalmente desde o teatro, a danza e a música". O catálogo veu acompañada da inauguración da exposición "Coidados na Diáspora", promovida polo mesmo colectivo Mulleres á fronte, e no que se recuperaron fotografías familiares de diferentes migrantes caboverdianas.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Danza, Diáspora, Identidade...