As mullleres copan as carreiras de humanidades e ciencias sociais

O informe A realidade das mulleres galegas analiza a poboación feminina

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Vinte e sete carreiras, fundamentalmente de humanidades, ciencias sociais e sanidade, contan cun 75% de estudantes femininas. Este é un dos datos que destaca o informe A realidade das mulleres galegas que presentaba onte o Servizo Galego de Igualdade. Canda a este dato, o informe destaca unha menor penetración das Tecnoloxías da Información e da Comunicación entre este sector da poboación, xa que un 63% das mulleres empregan teléfono móbil fronte a un 71% dos homes, e un 30,7% fai uso de Internet fronte o 34,4% da poboación masculina.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Igualdade, Internet

Claves