O 67% dos galardóns culturais galegos premian a homes, un 20% a mulleres e un 13% a asociacións, colectividades ou obras artÃsticas. Asà de contundentes son os resultados da segunda entreda do informe "A muller na cultura galega", elaborado polo Observatorio da Cultura Galega. O informe destaca tamén que nos galardóns xornalÃsticos, só un 8,4% son recibidos por mulleres.
O Observatorio da Cultura Galega, servizo dependente do Consello da Cultura Galega, acaba de publicar a segunda parte dun informe titulado “A muller na cultura galega”. Nesta ocasión destaca a desigualdade en premios e galardóns culturais, que recaen de xeito maioritario nos homes. Ademais, o informe tamén estuda a presenza das mulleres na Administración, asociacións e cargos directivos de empresas culturais. Con el complétase a radiografÃa da situación das mulleres no ámbito cultural.
O informe analizou os 52 principais premios e galardóns culturais do paÃs e conclúe que recaen de xeito maioritario en homes. En total, o 67% dos galardóns premian a homes, un 20% a mulleres e un 13% a asociacións, colectividades ou obras artÃsticas.
Nos premios literarios, que son maioritarios dos certames convocados en Galicia, resultan galardoadas o 20% das mulleres. Unha porcentaxe que medra ata o 28,4% no caso de premios de literatura infantil e xuvenil. O informe constata, ademais, que nos premios de creacións artÃstica hai diferenzas entre eles. Os de banda deseñada, composición musical e creación artÃstica son acadados maioritariamente por homes; hai paridade nos de artes artesanÃa ou artes plásticas, mentres que o número de premiados favorece as mulleres nos premios a artistas novos.
Nas diferentes categorÃas premios do audiovisual (primeiro chamados Agapi e posteriormente Mestre Mateo) galardóanse de xeito maioritario aos homes. Alén das categorÃas de interpretación feminina (protagonista e de reparto), sons as de deseño de vestiario (100%), dirección artÃstica (57%), maquillaxe e perruquerÃa (72%) as que recoñecen máis mulleres ca homes. Situación similar acontece no teatro, onde ademais, están igualados os premios para ambos os sexos no que afecta a adaptación e tradución (50%).
No eido xornalÃstico, as diferenzas son notorias. Dos 178 premiados nos dous grandes premios recollidos, só un 8,4% corresponden a mulleres.
Entre o resto de premios culturais, destacan os premios da cultura galega, convocados desde 2008 pola Xunta de Galicia con diferentes denominacións (primeiro Premios Nacionais da Cultura Galega e, posteriormente, Premios da Cultura Galega) que, malia ser recentes, dos 40 premios outorgados 5 foron para mulleres, 17 para homes e 18 para outros colectivos.
A presenza na Administración e colectivos
O informe estuda tamén a presenza da muller na Administración, nas asociacións profesionais e nos cargos directivos de empresas culturais, con resultados diferenciados. Segundo directorios públicos ou titulares das fontes primarias consultadas, o 48% das persoas que traballan no sector público vencellado á cultura son mulleres. Ademais, a distribución por sexos segundo o cargo ocupado, amosa que as mulleres son maiorÃa salvo cando se atende a vogais dos órganos consultivos, onde existe un gran desequilibrio. Neste suposto, os homes supoñen un 85,4%, fronte a un 14,6% de mulleres. Son tamén minoritarias na presidencia das fundacións culturais galegas, onde as mulleres ocupan un 13% dos postos. No que afecta aos responsables polÃticos da área de cultura dos concellos galegos, a situación revela que se está próximo á paridade, un 46% de mulleres fonte a un 54% de homes.
No que atinxe ás asociacións profesionais, a presenza das mulleres é inferior a dos homes en todas elas agás no caso do Sindicato de Xornalistas de Galicia, onde representan o 54% do total. Destaca o cadro da Asociación de Escritores en Lingua Galega, no que as mulleres supoñen o 23% do total dos asociados. Nos cargos directivos, o reparto por sexos beneficia os homes, que ocupan o 72% destes postos.
Por último, o informe recolle outros indicadores como a porcentaxe das mulleres nas orquestras sinfónicas de Galicia, onde supoñen o 34% do total.