A Xunta crea un directorio de mulleres expertas mentres só o 4% dos postos directivos son femininos no país

Mulleres expertas e directivas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Unha base de datos promovida polo Servizo Galego de Igualdade recollerá os datos de máis de dúas mil profesionais de xénero feminino para demostrar a presenza de mulleres en postos cualificados. Este directorio quere facilitar a presenza de mulleres en todo tipo de foros e eventos fronte ao costume de outorgar o papel de persoa cualificada a homes. Mentres, nas xornadas que está a desenvolver na Coruña a Fundación Galega da Muller Emprendedora déronse a coñecer os datos que sinalan que só un 4% dos postos directivos en Galicia está ocupado por mulleres.

Máis información sobre o directorio en El Correo Gallego; os datos sobre mulleres empresarias en La Opinión

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Igualdade, Xénero, La Opinión...