Un estudo indica que a muller está pouco representada na actividade política

Non son só cousas de mulleres

Hoxe é o Día Internacional da Muller e todo o mundo se volca en dar datos da situación sociolaboral feminina, ademais de convocar actividades e actos. Os datos achégaos un informe elaborado pola Facultade de Ciencias Políticas da USC que asegura a muller está pouco representada na vida política, e os seus ámbitos de competencia están relegados á cultura, a sanidade e á educación. Concellos, institucións e asociacións celebran a efeméride cunha serie de actos. A universidade compostelá ten previsto para hoxe un ciclo de charlas, en Mos emitirán unha curtametraxe que narra a experiencia laboral de seis mulleres hai un século, en Pontedeume instalará unha caixa de correos para recoller as queixas das mulleres. Ademais, a Consellaría de Familia colgará na rede un directorio dunhas 2.200 mulleres que desenvolven a súa actividade en diferentes áreas.

Máis información sobre o informe en Galicia Hoxe e sobre os actos, no web da USC, no Xornal do Concello de Vigo e o sitio web no que estará colgado o catálogo