Unha instalación sobre natureza e tecnoloxía recibe o premio de artistas novos do Gaiás

A proposta Phygital land, traducións do físico ao virtual exhibirase nas Torres Hejduk

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Recreación da obra. Fonte: Cidade da Cultura

Recreación da obra. Fonte: Cidade da Cultura

A artista granadina Irene Molina fíxose co premio do Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura que convocou a Xunta co seu proxecto "Phygital land, traducións do físico ao virtual", no que se combinan proxeccións e esculturas impresas en 3D para crear representacións nas que "o fallo na captura de datos e a visión imperfecta da tecnoloxía se converten en parte da obra". A idea do proxecto é unha instalación de proxeccións dixitais como de esculturas creadas a través de técnicas como a fotogrametría e a impresión 3D, que abordan a idea da "relación entre o natural e o dixital nunha paisaxe post-apocalíptica onde a natureza foi substituída por unha imperfecta e desacougante versión dixital". A instalación artística, que ten carácter efémero, inaugurarase en agosto de 2025 a coincidir coa celebración da próxima edición do Encontro de Artistas Novos.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tecnoloxía, Natureza, Gaiás, Paisaxe...