Fredy Solano intervirá nas torres Hejduk do Gaiás

Impúxose na IV Convocatoria de Intervencións Artísticas neste espazo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Simulación da intervención de Solano

Simulación da intervención de Solano

Ao final do verán 2017 poderá verse unha terceira construción entre as Torres Hejduk da Cidade da Cultura de Galicia, no compostelán monte Gaiás. O artista Fredy Solano será o responsable da intervención que simulará este novo edificio, un proxecto co que acaba de se impor na IV Convocatoria de Intervencións Artísticas neste espazo que se convocou a coincidir co VI Encontro de Artistas Novos da Cidade da Cultura. A intervención, titulada A través dun horizonte sen corpo colocará un mural sobre o espazo negativo que se forma entre a torre de pedra e a torre de cristal. A idea de Solano é, segundo explica a Consellaría de Cultura, "construír un panel de gradientes de cores sobre unha superficie traslúcida duns 25 metros de alto e 7 de ancho na parte superior e de 3 na inferior, cun resultado de 125 metros cadrados de superficie" no cal poderá verse a terceira torre.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Conceptos
Lugares