O Consello da Cultura Galega acollÃa na mañá deste 30 de outubro a presentación do fallo do Premio Ramón Piñeiro Facer PaÃs. A Asociación Cultural Val de Láncara, que convoca este galardón en colaboración con diferentes entidades da provincia de Lugo, acordou neste 2024 recoñecer o traballo de Iolanda DÃaz Gallego, destacada activista a prol da cultura galega nas comunidades emigradas. O premio recoñece o labor dunha persoa ou entidade galega a favor do desenvolvemento da comunidade
DÃaz, nada en Sarria en 1934, emigrou para Uruguai nos anos 50, onde participou durante dúas décadas no programa radiofónico Sempre en Galicia e contribuÃu a fundar o Teatro Popular Galego e o Padroado de Cultura Galega de Montevideo. Desde a emigración colaborou na constitución da Casa Museo de RosalÃa de Castro en Padrón e na instalación dun busto de homenaxe a Castelao en Rianxo.
Establecida en Barcelona desde os anos 70, fixo parte da creación da Asociación O Penedo e colaborou no programa de radio A Nosa Galicia, ademais de pór en marcha o grupo teatral Zarabanda. O seu traballo neste ámbito valeulle facer cunha das medallas do Centro Galego de Barcelona. En 2023 presentou o libro DedicÃn desvelar o proceso a repasar a traxectoria do activismo galego en Uruguai.
A organización do galardón salienta unha figura que considera "historia viva de Galiza" e destaca dela o desenvolver a súa actividade a ser "muller nun mundo de homes, especialmente nos anos que a ela lle tocou vivir a súa xuventude". A Asociación entregará o galardón o vindeiro 9 de novembro nunha celebración en Láncara conducida por Lois Pérez e que contará coa participación de Xurxo Souto. Sés, galardoada na anterior xeira do galardón, será a encargada de entregar o premio.