Un concerto sobre as vangardas abre a didáctica da exposición "Ronsel. 100 anos despois"

Celebrarase ás 19 horas no Museo Provincial de Lugo

29/10/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: PatrimonioExposicións
Compartir:

Jonatan Alvarado e Samuel Diz na Residencia de Estudiantes (Madrid)

Un concerto do guitarrista Samuel Diz e do tenor arxentino Jonatan Alvarado recrearán hoxe martes, ás 19 horas, o ambiente musical das vangardas do século XX no Museo Provincial de Lugo. Os músicos presentarán composicións de Manuel de Falla, María Teresa Prieto ou Gustavo Durán publicadas en revistas de vangarda en España e Europa. Trátase do punto de partida do inicio das actividades didácticas a exposición "Ronsel: 100 anos despois", que está aberta no Museo Provincial de Lugo ata o 30 de novembro. A mostra, segundo a deputación luguesa, ofrece "unha viaxe á intensa e efervescente actividade cultural que caracterizou Lugo nas décadas dos anos 20 e 30, ata o comezo da Guerra Civil en 1936", e recolle as achegas e o impacto da publicación no panorama cultural galego e espaoñl do seu tempo, coa participación de figuras como Luís Pimentel, Ánxel Fole, Ángel Johan, Jesús Bal i Gay e Antón Noriega Varela, entre outros. As actividades didácticas da mostra compleméntanse coa presentación dun caderno didáctico cunha decena de propostas para traballar ao redor das vangardas galegas cos fondos da Rede Museística Provincial.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Museo Provincial de Lugo, Luís Pimentel, Manuel de Falla...

Claves

Conceptos
Lugares