O Museo Provincial de Lugo recibe dous novos cadros de Julia Minguillón

Son dous retratos de gran formato

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O retrato de Rosa Piño Pérez. Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, José Manuel Pérez Piño e Blanca Besteiro, restauradora do Museo Provincial.

O retrato de Rosa Piño Pérez. Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, José Manuel Pérez Piño e Blanca Besteiro, restauradora do Museo Provincial.

O Museo Provincial de Lugo recibiu a doazón de dous retratos da artista luguesa Julia Minguillón (1906-1965). Trátanse de dous cadros de gran formato de Rosa Piño Pérez e Modesto Pérez Prieto, que foron doados polos fillos deste matrimonio. Os cadros na actualidade atópanse en Madrid e serán incorporados á colección de Julia Minguillón que xa atesoura o Museo Provincial. O cadro de Rosa Piño xa fora presentado en Lugo en 1951 e estaba documentado por María Victoria Carballo Calero, principal estudosa da figura desta pintora luguesa que nos últimos anos está a cobrar un especial valor.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Provincial de Lugo, María Victoria Carballo, Carballo Calero, Carballo...