A Mariña lucense celebra o Culturas en diálogo 2019

A Rede Museística da Deputación de Lugo promove este proxecto de "museoloxía social"

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Diferentes localizacións da Mariña lucense celebrarán este 18 de decembro a segunda edición do programa Culturas en Diálogo 2019, que se celebra hoxe coincidindo co Día Internacional das Migracións. Ademáis de obradoiros para escolares, proxectarase esta tarde a partir das 17 horas no Museo Provincial do Mar as "Microhistorias de ida e volta", un conxunto de vídeos e fotografías que constitúe "unha viaxe ao pasado e presente a través dos recordos e historias persoais, familiares e anónimas da vida de mulleres emigrantes galegas e cubanas". Este foi un proxecto promovido pola Asociación Rioplatenses de Lugo e a Rede Museística Provincial de Lugo.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Lugo, Mulleres

Claves

Conceptos
Lugares