O Museo de Lugo presenta dúas mostras no marco da reivindicación das mulleres do rural

"Recolectoras" amosa creacións de 69 mulleres que viven no entorno do campo lugués

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteSociedadePolíticas Culturais
Compartir:
Ana Gesto explicva o proceso creativo de ?recolectoras? durante a inauguración. Foto: Deputación Provincial de Lugo

Ana Gesto explicva o proceso creativo de ?recolectoras? durante a inauguración. Foto: Deputación Provincial de Lugo

Seguindo co programa "Mulleres rurais", que se ven desenvolvendo na Rede Museística da Deputación de Lugo desde o pasado mes de outubro, o Museo Provincial acolle xa as mostras "Recolectoras: Memoria e Terra" e "Proximidade Llunyana". As dúas manteñen o obxectivo deste programa de situar a mulleres que viven no rural no centro de procesos creativos.

"Recolectoras. Memoria e Terra", comisariada por Alexandra R. Rey, recolle as creacións realizadas por 69 mulleres que viven no rural en obradoiros e encontros coas artistas María Gar, artista gráfica e instalativa; Ana Gesto, artista visual e perfomance; Isabell Seidel, pintora; e Andrea Torres, en diferentes emprazamentos, desde os propios domicilios das participantes ata espazos cedidos por outros colectivos. Trátase de fotografías con composicións determinadas polos relatos das protagonistas, serigrafías e pezas cerámicas que as participantes realizaron acompañadas polas artistas, que lles facilitaron os recursos e as indicacións técnicas, e inspiradas nas súas traxectorias vitais, vinculadas ao rural.

Diálogo entre mostras
As pezas de "Recolectoras" dialogan coa documentación, as fotografías e os obxectos recompilados no marco do proxecto Proximidade Llunyana, que pretende plasmar a emigración de Lugo a Barcelona no século XX, representada polo testemuño de mulleres. Unha morea de maletas no centro da sala, un panel fotográfico do Shanghái, o tren encargado de transportar as viaxeiras á terra prometida, e documentación achegada por familias que viviron o éxodo rural da posguerra -fundamentalmente cartas e fotografías- reciben á persoa visitante no refectorio do Museo. A xerente da Rede Museística, Encarna Lago, lembrou que se trata dun proxecto aberto á incorporación de materiais e relatos achegados por outras persoas e familias emigrantes.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Museo de Lugo, Deputación de Lugo, Ana Gesto...