Nace na rede o Museo da Migración

O proxecto é unha proposta web da Rede Museística Provincial de Lugo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Nace na rede o Museo da Migración

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) presentaba este 19 de xuño na Cidade da Muralla o Museo da Migración. Este proxecto virtual quere ser "unha ferramenta educativa para transformar a mirada sobre os movementos de persoas ao redor do mundo" e achega diferentes testemuñas sonoras sobre esta cuestión.

Segundo apunta a presentación do Museo, o núcleo central é unha colección de voces accesible a través dun mapa virtual. Trátase de "achegas sonoras que, a través de experiencias persoais, trazan unha cartografía emocional da migración. Testemuñas que falan de perdas, aprendizaxes e esperanza e que está aberta á participación de calquera persoa que desexe formar parte".

Canda a isto, o web do proxecto compila os traballos que a Rede Museística Provincial desenvolveu ao longo do tempo arredor desta temática, e inclúe tamén unha selección de recursos didácticos para traballar temas como a memoria, a diversidade e o antirracismo.

Estes contidos compleméntanse cunha serie de actividades "que servirá para visibilizar os proxectos, procesos e accións -presenciais e dixitais- que a RMPL impulsa ou acompaña, e que contribúen a facer medrar este museo vivo. Tamén será un lugar para visibilizar artivistas, educadoras e iniciativas inspiradoras", sinala a presentación da iniciativa.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Cidade da Muralla

Claves