A Rede Museística de Lugo acollerá máis de 20 mostras en 2018

O público poderá coñecer a colección da familia Álvaro Gil ou gravados de artistas internacionais

18/1/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Deputación de Lugo presentou onte o programa de exposicións que se poderán ver ao longo de 2018 nos centros da Rede Museística provincial. En total serán máis de vinte mostras que abranguen desde a arte galega e internacional ata a artesanía. Entre as propostas presentadas destaca a mostra sobre a Colección Gil Varela, que se poderá ver do 15 de febreiro ao 15 de abril no Museo Provincial. Na mesma o público poderá achegarse á colección desta familia con pezas de creadores como Murillo, Zuloaga, Sorolla, Ribera ou Rosales. Canda a esta é de sinalar tamén o proxecto De Picasso a Annish Kapur, que repasa a creación de gravados de diferentes creadores internacionais e que se poderá ver na mesma sede entre abril e xuño.

No programa do Pazo de San Marcos desensvolverase entre o 12 abril e o 30 de xuño unha exposición sobre o traballo de Luís Seoane, mentres no CENTRAD poderá verse, deste este venres 19 e ata o 25 de febreiro unha exposición sobre instrumentos musicais feitos de barro. A nivel de artistas galegos, o ceramista Otero Regal, Roberto González, Pepe Galán ou Manuel Jorge contarán con exposicións monográficas. O programa inclúe tamén citas habituais como Eu ti elas nosoutras. Nos + outrxs en rede ou a mostra do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Exposicións, Picasso, Deputación de Lugo...

Claves

Protagonistas
Lugares