Fisuras na vitrina fusiona arte e arqueoloxía no Museo de Lugo

Catorce artistas interactúan coa colección de ourivería Gil Varela

28/1/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Sala do Tesouro do Museo Provincial de Lugo, que acolle a coñecida colección de ourivería castrexa Gil Varela, acolle a partir deste 29 de febreiro o proxecto Fisuras na vitrina. Catorce artistas, na súa maioría galegos, interactúan coas pezas nunha iniciativa que nace do traballo da comisaria de exposicións Monse Cea e da arqueóloga María Xosé Bóveda. Xoán Anleo, Mónica Alonso, Nilo Arias, Fernando Baena, Mónica Cabo, Ana DMatos, Amaya González Reyes, Xurxo Oro Claro, Laura Piñeiro, Santi Jiménez, Rubén Santiago, Mauro Trastoy, Jorge Varela e Manuel Vidal son os nomes que participan nesta iniciativa, que se poderá ver ata o vindeiro 30 de abril.

Segundo explica a presentación da mostra "As pezas áureas máis notables da colección do museo vincularanse cunha escolla de pezas de arte contemporánea galega que usan a textura dourada con moi diversas interpretacións. Obrigándonos a reflexionar sobre os obxectos e o material no que están realizados dende distintos puntos de vista. Abstraéndonos da mera contemplación da obra e do seu contexto crono-cultural, para enfrontarnos co mosaico de sensacións e connotacións
primarias que o obxecto xera en nós". A exposición estará acompañada de diferentes actividades didácticas.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Arqueoloxía, Museo de Lugo, Jorge Varela...