Hai oitenta anos, coa II República aÃnda noviña do trinque, os responsables da Deputación de Lugo asinaban o acordo polo que nacÃa o Museo Provincial. Hoxe, a entidade continúa a desenvolver o seu traballo procurando estar á vangarda museográfica. Repasamos a historia e a situación do Museo Provincial de Lugo no seu aniversario.
Era o 29 de febreiro de 1932 cando nacÃa o Museo Provincial de Lugo. O pasado xoves, a Deputación lembraba o aniversario dunha entidade que hoxe é un referente a nivel galego. Cando a corporación que gobernaba naquel momento o organismo provincial asinaba a acta pola que se creaba o Museo, non o facÃa por capricho nin respondendo a intereses locais. O proxecto enmarcábase nunha tendencia a nivel estatal que procuraba achegar a arte e a historia aos cidadáns. “O propio regulamento do centro, no artigo primeiro, amosa un carácter eminentemente didáctico”, explica Encarna Lago, xerente da Rede MuseÃstica Provincial de Lugo. “Isto dáse no marco cunha situación xeral na que tamén se crean museos como o de Pontevedra”. Un dos obxectivos fundamentais cos que se creou o centro foi o de conservar o patrimonio arqueolóxico e artÃstico local. “O centro é depositario de todos os restos arqueolóxicos que aparecen na provincia, e tamén atende a cuestións como a etnografÃas e as artes decorativas. Nace para salvar o patrimonio e se non fose por iso, moito terÃa desaparecido ou estarÃa espallado”. Dá boa idea do momento polÃtico no que naceu o xeito no que se establecÃa o depósito de novos fondos no centro. “Desde o comezo definÃronse dous tipos de depósitos de fondos privados, o temporal ou o indefinido. Os indefinidos só poderÃan ser retirados en caso de desaparición do museo. Isto débese a que nos anos 30 habÃa moito medo a que coas polÃticas centralizadoras da República puidesen facelo desaparecer, e con esta medida pretendÃase garantir que as coleccións quedaban aquÔ.
Fondos
Deste xeito, aos poucos, o Museo foi incorporando fondos de grande importancia. Entre os que custodia na actualidade pódese falar da rica colección de restos arqueolóxicos ou da colección de fondos artÃsticos, que supera as mil pezas, asà como a importancia das seccións de artes decorativas ou industriais. Tesouros como a Estela de Crecente, o Torque de Burela ou o Carneiro Alado de Ribadeo son algúns dos máis rechamantes fondos desta institución. Con grandes dificultades para seleccionar fondos especÃficos, Lago salienta que, para o seu gusto, “a nivel arquitectónico quedo co claustro como contedor museÃstico. En canto a fondos, todo o mundo destaca a colección de epigrafÃa, que resulta unha marabilla”. A un nivel máis persoal, a xerente salienta pezas pictóricas como a colección de Castelao, a de Corredoira ou a escultura de Asorey a representar a Ofrenda a San Ramón. No entanto, ela apunta un cadro de Julia Minguillón, A escola das doloriñas, de 1941 como peza particularmente destacada. “Agora que estamos a traballar moito cuestións de xénero, paréceme que esta obra representa riscos da muller galega”, lembra Lago. Menos coñecidas son coleccións como a de abanos, a de reloxos de sol (“unha das maiores do Estado”, apunta Lago) ou a de cerámica de Sargadelos.
Evolución e accesibilidade
Desde a acta de nacemento o centro tardou aÃnda dous anos en abrir as súas portas, con varias salas no Pazo de San Marcos. A falta de espazo motivou un traslado en 1957 ao antigo Convento de San Francisco, que se reformou para esta función. Neste lugar ubÃcase agora un centro que ten na didáctica un dos seus eixes fundamentais. “Queremos facer un museo de todos e para todos, a perspectiva didáctica e a idea da museoloxÃa social están presentes no proxecto”, explica Lago. Isto concrétase en visitas didácticas e nunha coidada atención ao deseño procurar facilitar ao máximo o contacto coas pezas. “Por exemplo, temos en conta a tipografÃa á hora de facer a cartelerÃa, engadimos glosarios nas follas para explicar a sala e tentamos empregar un vocabulario sinxelo. Moita xente no entende a idea de necrópole, pero todos sabemos o que é un cemiterio”, explica Lago. Canda a isto, a accesibilidade para discapacitados fÃsicos é unha prioridade para a dirección dos centros. Pictogramas para afectados polo autismo, carteis especiais, ou contidos especÃficos para cegos fan parte dun programa no que ata a pintura das atende a cuestións de accesibilidade. O esforzo neste campo valeulle á rede recibir, o pasado mes de decembro un dos V Premios Solidarios ONCE-Galicia na categorÃa Accesibilidade Universal.
Socialidade e rede
Dá fe do carácter social do centro o feito de que conta con máis de 500 benefactores vencellados ao mesmo. “Os actos de homenaxe cos que se conmemoran estes oitenta anos son tanto para os promotores do centro como para toda a xente e as entidades que nos estiveron a apoiar ao longo do tempo”. O traballo a prol da difusión verifÃcase tamén na programación do espazo. “Hai vinte anos para poder expor no museo tiñas que estar morto ou vir da man dunha entidade financeira. Agora está aberto á vida artÃstica, en diferentes disciplinas”. Mostras de ilustracións ou de arte contemporáneas son habituais nun espazo que se é referente obrigado na vida cultural de Lugo.
Na actualidade o Museo actúa como cabeza da Rede MuseÃstica Provincial de Lugo, unha entidade que integra tamén o Museo Provincial do Mar de San Cibrao, o Museo-Fortaleza de San Paio de Narla e mais o Pazo de Tor, en Monforte. Nese sentido, para alén do seu propio traballo de difusión, o Museo achega atención museolóxica a toda a rede. Segundo apunta Lago. “Se non fose polos servizos do Provincial, os demais non poderÃan ser museos no sentido de desenvolver propostas de investigación, difusión e preservación do patrimonio. Hai moitos espazos expositivos que se chaman museos sen o ser”. Dentro da súa vocación didáctica o centro desenvolve unha intensa actividade nas redes sociais, con contas Facebook, Twitter ou Tuenti, asà como un web no que recollen folletos, imaxes, vÃdeos e outros materiais da súa actividade. “Tamén traballamos moito o público infantil e xuvenil, con iniciativas como programas de radio ou videocreación”, lembra Lago. GalerÃas e visitas virtuais a través da rede son outras iniciativas neste campo, acadando un dos museos con mellor presenza web do paÃs.
Nova e retos
De cara ao futuro Lago non é pesimista malia á pegada que a crise económica está a deixar en todas as polÃticas culturais do paÃs. “O museo naceu nos anos 30, que era un momento de crise económica importante”, apunta. “Desde entón, nós vivimos en crise de xeito permanente, e a pesares diso traballamos con vontade e aproveitando o capital humano que temos, conscientes de que xestionamos cartos de todos”. Entre as últimas novidades está a incorporación de Os aparecidos, unha pintura de Vázquez Cereijo que o propio pintor cedeu ao centro. Como novidades inmediatas, o centro prepara unha intensa programación con ocasión da celebración do DÃa da Muller, o oito de marzo. Conferencias, obradoiros ou mesas redondas fan parte de A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0,unha nova edición deste programa que busca visibilizar o traballo creativo de mulleres en toda a Rede MuseÃstica. Antes diso, esta mesma semana preséntase o proxecto Entolearte, unha proposta de intervención artÃstica colectiva no antigo Hospital Psiquiátrico San Rafael, en Castro de Rei, que se desenvolverá entre o 10 de marzo e o sábado 14 de abril de 2012, e que ten aberto o prazo para facer achegas. Logo de oitenta anos, a historia continúa.
Programa de Entolearte, vindeiro proxecto do Museo Provincial.Era o 29 de febreiro de 1932 cando nacÃa o Museo Provincial de Lugo. O pasado xoves, a Deputación lembraba o aniversario dunha entidade que hoxe é un referente a nivel galego. Cando a corporación que gobernaba naquel momento o organismo provincial asinaba a acta pola que se creaba o Museo, non o facÃa por capricho nin respondendo a intereses locais. O proxecto enmarcábase nunha tendencia a nivel estatal que procuraba achegar a arte e a historia aos cidadáns. “O propio regulamento do centro, no artigo primeiro, amosa un carácter eminentemente didáctico”, explica Encarna Lago, xerente da Rede MuseÃstica Provincial de Lugo. “Isto dáse no marco cunha situación xeral na que tamén se crean museos como o de Pontevedra”. Un dos obxectivos fundamentais cos que se creou o centro foi o de conservar o patrimonio arqueolóxico e artÃstico local. “O centro é depositario de todos os restos arqueolóxicos que aparecen na provincia, e tamén atende a cuestións como a etnografÃas e as artes decorativas. Nace para salvar o patrimonio e se non fose por iso, moito terÃa desaparecido ou estarÃa espallado”. Dá boa idea do momento polÃtico no que naceu o xeito no que se establecÃa o depósito de novos fondos no centro. “Desde o comezo definÃronse dous tipos de depósitos de fondos privados, o temporal ou o indefinido. Os indefinidos só poderÃan ser retirados en caso de desaparición do museo. Isto débese a que nos anos 30 habÃa moito medo a que coas polÃticas centralizadoras da República puidesen facelo desaparecer, e con esta medida pretendÃase garantir que as coleccións quedaban aquÔ.
Fondos
Deste xeito, aos poucos, o Museo foi incorporando fondos de grande importancia. Entre os que custodia na actualidade pódese falar da rica colección de restos arqueolóxicos ou da colección de fondos artÃsticos, que supera as mil pezas, asà como a importancia das seccións de artes decorativas ou industriais. Tesouros como a Estela de Crecente, o Torque de Burela ou o Carneiro Alado de Ribadeo son algúns dos máis rechamantes fondos desta institución. Con grandes dificultades para seleccionar fondos especÃficos, Lago salienta que, para o seu gusto, “a nivel arquitectónico quedo co claustro como contedor museÃstico. En canto a fondos, todo o mundo destaca a colección de epigrafÃa, que resulta unha marabilla”. A un nivel máis persoal, a xerente salienta pezas pictóricas como a colección de Castelao, a de Corredoira ou a escultura de Asorey a representar a Ofrenda a San Ramón. No entanto, ela apunta un cadro de Julia Minguillón, A escola das doloriñas, de 1941 como peza particularmente destacada. “Agora que estamos a traballar moito cuestións de xénero, paréceme que esta obra representa riscos da muller galega”, lembra Lago. Menos coñecidas son coleccións como a de abanos, a de reloxos de sol (“unha das maiores do Estado”, apunta Lago) ou a de cerámica de Sargadelos.
Evolución e accesibilidade
Desde a acta de nacemento o centro tardou aÃnda dous anos en abrir as súas portas, con varias salas no Pazo de San Marcos. A falta de espazo motivou un traslado en 1957 ao antigo Convento de San Francisco, que se reformou para esta función. Neste lugar ubÃcase agora un centro que ten na didáctica un dos seus eixes fundamentais. “Queremos facer un museo de todos e para todos, a perspectiva didáctica e a idea da museoloxÃa social están presentes no proxecto”, explica Lago. Isto concrétase en visitas didácticas e nunha coidada atención ao deseño procurar facilitar ao máximo o contacto coas pezas. “Por exemplo, temos en conta a tipografÃa á hora de facer a cartelerÃa, engadimos glosarios nas follas para explicar a sala e tentamos empregar un vocabulario sinxelo. Moita xente no entende a idea de necrópole, pero todos sabemos o que é un cemiterio”, explica Lago. Canda a isto, a accesibilidade para discapacitados fÃsicos é unha prioridade para a dirección dos centros. Pictogramas para afectados polo autismo, carteis especiais, ou contidos especÃficos para cegos fan parte dun programa no que ata a pintura das atende a cuestións de accesibilidade. O esforzo neste campo valeulle á rede recibir, o pasado mes de decembro un dos V Premios Solidarios ONCE-Galicia na categorÃa Accesibilidade Universal.
Socialidade e rede
Dá fe do carácter social do centro o feito de que conta con máis de 500 benefactores vencellados ao mesmo. “Os actos de homenaxe cos que se conmemoran estes oitenta anos son tanto para os promotores do centro como para toda a xente e as entidades que nos estiveron a apoiar ao longo do tempo”. O traballo a prol da difusión verifÃcase tamén na programación do espazo. “Hai vinte anos para poder expor no museo tiñas que estar morto ou vir da man dunha entidade financeira. Agora está aberto á vida artÃstica, en diferentes disciplinas”. Mostras de ilustracións ou de arte contemporáneas son habituais nun espazo que se é referente obrigado na vida cultural de Lugo.
Na actualidade o Museo actúa como cabeza da Rede MuseÃstica Provincial de Lugo, unha entidade que integra tamén o Museo Provincial do Mar de San Cibrao, o Museo-Fortaleza de San Paio de Narla e mais o Pazo de Tor, en Monforte. Nese sentido, para alén do seu propio traballo de difusión, o Museo achega atención museolóxica a toda a rede. Segundo apunta Lago. “Se non fose polos servizos do Provincial, os demais non poderÃan ser museos no sentido de desenvolver propostas de investigación, difusión e preservación do patrimonio. Hai moitos espazos expositivos que se chaman museos sen o ser”. Dentro da súa vocación didáctica o centro desenvolve unha intensa actividade nas redes sociais, con contas Facebook, Twitter ou Tuenti, asà como un web no que recollen folletos, imaxes, vÃdeos e outros materiais da súa actividade. “Tamén traballamos moito o público infantil e xuvenil, con iniciativas como programas de radio ou videocreación”, lembra Lago. GalerÃas e visitas virtuais a través da rede son outras iniciativas neste campo, acadando un dos museos con mellor presenza web do paÃs.
Nova e retos
De cara ao futuro Lago non é pesimista malia á pegada que a crise económica está a deixar en todas as polÃticas culturais do paÃs. “O museo naceu nos anos 30, que era un momento de crise económica importante”, apunta. “Desde entón, nós vivimos en crise de xeito permanente, e a pesares diso traballamos con vontade e aproveitando o capital humano que temos, conscientes de que xestionamos cartos de todos”. Entre as últimas novidades está a incorporación de Os aparecidos, unha pintura de Vázquez Cereijo que o propio pintor cedeu ao centro. Como novidades inmediatas, o centro prepara unha intensa programación con ocasión da celebración do DÃa da Muller, o oito de marzo. Conferencias, obradoiros ou mesas redondas fan parte de A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0,unha nova edición deste programa que busca visibilizar o traballo creativo de mulleres en toda a Rede MuseÃstica. Antes diso, esta mesma semana preséntase o proxecto Entolearte, unha proposta de intervención artÃstica colectiva no antigo Hospital Psiquiátrico San Rafael, en Castro de Rei, que se desenvolverá entre o 10 de marzo e o sábado 14 de abril de 2012, e que ten aberto o prazo para facer achegas. Logo de oitenta anos, a historia continúa.
Folleto de presentación do Museo Provincial de Lugo.