A película 'La Parra' de Alberto Gracia (Ferrol, 1978) ven de saír da 69ª Semana Internacional del Cine de Valladolid (Seminici) distinguida con premio da sección Alquimias, o espazo que o festival dedica ás obras de ficción que manexan unha linguaxe cinematográfica máis anovadora. O filme de Gracia, ambientado e rodado no seu Ferrol natal foi o elixido por un xurado conformado polo cineasta Gabe Klinger, o escritor e guionista Álex Mendíbil e a cineasta Helena Wittmann. O xurado considerou ao filme merecedor deste recoñecemento "por guiarnos cega e libremente por lugares pechados e incómodos a través das personaxes que elixen non responder".
A película de Gracia conta a historia de Damián (Alfonso Míguez), que regresa ao seu Ferrol de orixe tra-la morte do seu pai e hospédase na pensión La parra. Ao chega á cidade comproba que a xente confúndeo con Cosme, un guía que desapareceu e do que el non sabe nada. Esta terceira longametraxe de Alberto Gracia, preséntase coma un xogo de espellos, un relato que funde o social e o fantástico situando Ferrol como un lugar espectral, cunha atmosfera fantasmal onde nada parece real, pero todo está arraigado nun pasado común. A película chegará a salas de cine en decembro.