
Rodado en 16 mm en branco e negro e posproducido no centro Hangar de Barcelona, conta a historia de Kaspar Hauser, o “neno salvaxe” de Alemaña que medrou durante 16 anos nun establo. Formalmente, a obra está dividida en sete capÃtulos e ofrece un exercicio de narración experimental, que presenta un mundo sen linguaxe acompañado dunha música sonora que contribúe a crear unha tensión constante. Os membros do xurado desta edición foron Diego Lerer, Argentina (Inrockuptibles, OstrosCines), Robert Koehler, EE.UU. (Film Comment), Ronald Rovers, PaÃses Baixos (de Filmkrant, VPRO Gids), Boris Nelepo, Rusia (Séance.ru, Kinote.info, Mubi.com) e Viet Da-Eun, Corea do Sul (Cine21).
Este filme está producido por Zeitun Films, unha productora cinematográfica que xurdiu cun marcado compromiso artÃstico e cultural, que ten con dúas producións ás súas costas unha traxectoria anegadas de premios de gran calado. Con Todos vós sodes capitáns de Óliver Laxe, conseguÃu, entre outors, o premio FIPRESCI da Quinzaine des Réalisateurs de Cannes.