Alberto Gracia estreará en Rotterdam a súa primeira longametraxe

O Quinto Evanxeo de Gaspar Hauser está producida por Zeitún

A súa primeira incursión no mundo de cinema de autor foi Microfugas, curtametraxe experimental que tentou achegarse aos mecanismos de achegamento á realidade. Tras ese traballo, Alberto Gracia acaba de dar o salto á longametraxe co O Quinto Evanxeo de Gaspar Hauser. E a súa estrea mundial terá lugar no Festival Internacional de Cinema de Rotterdam, unha das citas máis relevantes do cinema. A premiere terá lugar na sección Bright Future reservada para creadores que presentan as súas primeiras obras.