Alberto Gracia exhibiu con éxito a súa primeira longametraxe no Festival de Rotterdam

É un filme experimental en clave relixiosa sobre Gaspar Hauser, o “neno salvaxe” alemán

29/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Fotograma do filme "O quinto evanxeo de Gaspar Hauser"

É a primeira longametraxe de Alberto Gracia e estreouse no marco da 42ª edición do festival de cine de Rotterdam, unha cita imprescindible do cinema alternativo. O quinto evanxeo de Gaspar Hauser, rodado en 16 mm en blanco e negro e posproducido no centro Hangar de barcelona, esgotou as entradas no seu pase de público, tal e como apuntou Jose Luis Losa, director de Cineuropa presente no encontro. No filme, Gracia achégase a historia de Kaspar Hauser, o “neno salvaxe” de Alemaña que medrou durante 16 anos nun establo. A obra está dividida en sete capítulos e ofrece un exercicio de narración experimental, que presenta un mundo sen linguaxe acompañado dunha música sonora que contribúe a crear unha tensión constante.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Cineuropa, Barcelona, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)...